PARLAMENTO DE GALICIA



Salientamos

EDUCACION LIBROS DE TEXTO

RUÍZ RIVAS LEMBRA QUE MÁIS DO 70% DOS ALUMNOS DO BARBANZA RECIBIRON AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E PÍDELLE A LAGE QUE DEIXE DE MANIPULAR OS DATOS PARA “INTOXICAR”

Santiago, 1 de xuño de 2010.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruíz Rivas, lembra que máis do 70% dos alumnos da comarca do Barbanza recibiron axudas da Consellería de Educación para a compra de libros de texto e pídelle ao deputado socialista José Manuel Lage que deixe de manipular os datos para “intoxicar”. Ruíz Rivas lamenta que os socialistas “non teñan máis estratexia para criticar á Xunta que falsear a realidade” ante unha medida, o novo programa de gratuidade dos libros de texto, “que supón instaurar a verdadeira xustiza social”, por canto “se axuda aos que realmente necesitan esa axuda e se evita que familias con rendas máis baixas paguen os libros ás que poden pagalos perfectamente”.
O portavoz do Grupo Popular salienta que non existen axudas de 140 euros e que as  de 250 euros “son só para educación especial”. Así, lembra que as axudas concédense en función do nivel de renda e se distribúen entre as de 180 euros para as familias que ingresan un máximo de 5.400 euros anuais por persoa no fogar; as de 104 euros para rendas de entre 5.400 e 9.000 euros anuais por persoa; e as de 250 euros destinadas aos alumnos de educación especial, aos que se lles cubre o custo completo dos libros independentemente da renda que teñan as súas familias.
“Todo aquel alumno que estaba e está dentro dos baremos establecidos para a obtención das axudas as tiveron e as terán, sen outro criterio que a da renda familiar, o que non dá opcións a que ninguén que cumpra ese criterio quede fóra deste sistema, que é xusto e equilibrado”, apunta Ruiz Rivas, quen destaca a contradición dos socialistas “que falan de subir impostos ás rendas máis altas e ao mesmo tempo apostan por darlles a esas rendas os libros gratuítos en detrimento das máis baixas”.
En  Ribeira, do total de 1.069 estudiantes, obtiveron axudas 776, o que supón un 72,6%; en Boiro as obtiveron 448 do total de 680 alumnos, un 65,5%; na Pobra do Caramiñal, recibiron axudas 224 dos 332 estudiantes, un 73,5%; e en Rianxo, 246 de 330, o que supón o 74,5%. Os datos indican, polo tanto, “que máis do 70 por cento do alumnado desta comarca recibiron axudas para adquirir os libros en propiedade e non en préstamo”, polo que “dicir que a metade dos estudiantes quedaron sen elas é mentir”.


IMAXES RELACIONADAS

Non hai imaxes relacionadas coa nova.


Manuel Ruiz Rivas

Manuel Ruiz Rivas

Circunscripción: A Coruña

Currículum Vitae

Buzón Deputados/as

  • O deputado/a te escoita: deixa suxestións e propostas sobre os asuntos do teu interese:
    Contactar



© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408